Saturday 18 de May de 2024

O grupo musical Moura actuará este xoves nos xardíns das Torres de Santa Cruz ás 20:30 horas


O xoves 28 de xullo, ás 20:30 horas, actuará o grupo musical Moura nos xardíns das Torres de Santa Cruz. Será o último concerto do micro festival As Tardes do Alfar, a entrada é de balde.

Diego, Hugo, Fernando e Pedro conforman Moura. Este grupo participou no Resurrection Fest compartindo escenario con grupos como Slayer ou Slipknot. A mestura de heavy metal xunto coas reminiscencias do folk galaico serán o peche perfecto para a segunda edición das Tardes do Alfar.